lunes, 15 de marzo de 2010

Hai vida ó outro lado



















Negueira de Muñiz é o municipio máis pequeno de Galicia. Non chega ós 200 habitantes, pero leva dado moito que falar. No ano 1956, o embalse de Grandas de Salime dividiu o concello pola metade, anegou aldeas e deixou illada unha parte do territorio, á que os veciños empezaron a chamar ‘o outro lado’. Isto provocou dous fenómenos opostos: a emigración dos nativos, que abandonaron as súas casas porque non querían quedar cercados por unha barreira de auga, e a chegada de xentes de fóra, que viron nese illamento a oportunidade de alonxarse dun mundo que non lles gustaba.


A finais dos anos setenta, un par de amigos descubriu, con axuda dun antigo maquis, as aldeas abandonadas en Negueira de Muñiz. Levoulles unha semana quitar as silvas da casa que sería o xermolo da futura comuna hippy. A nova correu coma o lume e ó outro lado empezou a chegar xente de toda España e do estranxeiro, a maioría de paso, pero ós dous anos a comuna xa tiña arredor de cen membros estables.

Viñan fuxindo da represión do franquismo, do autoritarismo, da imposición relixiosa e dos valores dunha sociedade que non os facía felices. Eran idealistas, buscaban liberdade, tranquilidade e confiaban en recuperar a esencia do ser humano coa axuda da natureza.

O proxecto foi adiante e aínda hoxe se conservan nas aldeas do chamado outro lado as inquietudes dos fundadores da comuna.

Esa experiencia inicial dos anos setenta e oitenta foi a que inspirou a película ‘Vilamor’, o próximo traballo do director Ignacio Vilar. O filme rodarase no verán en Negueira de Muñiz e está ambientado na comuna, aínda que a historia é ficticia. Os escenarios son inmellorables porque conservan o encanto de antano. Ernes, Vilauxín, Vilar, Foxo... as aldeas illadas polo encoro, unidas por camiños de conto que atravesan montes de fábula.

Historia
O protagonista da película é Breixo, un rapaz que estuda no seminario da cidade e volve á súa aldea nas vacacións do verán. Entra en contacto cos habitantes da comuna, que as forzas vivas do lugar, entre as que se atopa un crego ultraconservador, queren botar de alí.
O actor Rubén Riós daralle vida a Breixo e ó seu lado estarán Sara Casasnovas, María Castro e Roger Corna, entre outros.

Ignacio Vilar leva tempo dándolle voltas a este proxecto. Nos últimos dous anos buscou os fundadores da comuna, que xa non viven en Negueira, para coñecer de primeira man a experiencia inicial. "Eran persoas moi preparadas que foron a vangarda dunha nova forma de vida e o inicio da conciencia ecolóxica actual", indica o director.

Nilo Sieiro foi un dos que agarrou o fouciño para acondicionar as primeiras casas. Criouse en Mondriz (Castro de Rei) ata os oito anos e traballaba entre Barcelona e Madrid, nunha multinacional, cando decidiu deixalo todo para volver ás súas orixes. "Acabé saturado de competitividad. Yo recordaba que había otra forma de vida porque cuando era niño, en Mondriz, había una sociedad más rica y gratificante, con unas relaciones familiares y vecinales muy estrechas, preciosas", conta Nilo. Esa lembranza foi a que o levou a voltar a Lugo.

Non buscaba a sociedade rural tradicional. "Había vivido el 68 y me convenció eso de hacer el amor y no la guerra. Prefería un trozo de pan tranquilo que todo el caviar de los hoteles de cinco estrellas", explica Nilo viviu na aldea de Foxo 30 anos, ata o 2006. Tiña un rabaño de cabras e chegou a formar unha cooperativa con outros veciños. Foi testemuña da evolución da comuna ata que se convertiu no que é hoxe, un grupo de aldeas habitadas por xente que comparte ideais, algúns traballos e o amor pola natureza. "Ahora hay propiedad privada", di Nilo, "ya no se comparte todo como antes". A estrutura económica cambiou, pero mantéñense as "inquietudes a nivel teórico, los valores"..


Este cambio foi unha das razóns polas que decidiu regresar a Barcelona. A outra foi o lobo. "Acabé aburrido porque los lobos no hacían más que matarme cabras. Tenía perros mastines para proteger el rebaño, pero no era suficiente y no había forma de sobrellevar los gastos. Le regalé las cabras a mi socio y me fui".

Valora o seu paso por Negueira como "una enseñanza personal muy interesante, apasionante" e recoñece que marchar foi difícil. "Estuve un año soñando con las cabras y el monte".



Sitio para todos


José Ortiz tamén pasou pola comuna entre 1979 e 1980. Estudaba na escola de oficios de Santiago cando soubo por un amigo da súa existencia. "Yo llegué con mi mochila y pregunté dónde ponía mis cosas", lembra. Asegura que a experiencia marcou o resto da súa vida. "Había respeto, honradez y buen trato por encima de todo. Se echaba valor a la vida, no había cobardía y la gente era libre", lembra.

Os habitantes do outro lado do encoro loitaron por concesións que hoxe ninguén pon en dúbida. "La libertad sexual de hoy no nos la regaló el Estado, nos la ganamos ejerciendo. Esos melenudos no éramos unos matados, sino que nos dejamos la piel para cambiar una sociedad", apunta.

Ortiz vive en Pontevedra e dedícase á escultura e á forxa artística. Marchou cando a situación da comuna mudou da súa concepción inicial. "Había hueco para todo el mundo y eso fue un error porque empezaron a llegar marginados de la sociedad bienpensante, gente complicada que se apropiaba de lo ajeno y consumía productos alegrantes de la vida", explica. Nese momento foi cando se separaron as economías dos veciños da comuna e cando Ortiz se foi coa parella que coñeceu en Negueira e coa filla de ambos.

Lembra que tivo que aprender a traballar a madeira, a levantar casas e a cultivar a terra. Levaban unha vida austera, pero "era agradable y te reías mucho". Di que aprendeu a convivir, a compartir e a gozar do presente sen sufrir polo futuro. "La vida te endurece y te avisa cuando te despistas. La energía hay que emplearla para lo importante, no en cosas banales", sentencia.

■Ignacio Vilar buscará o realismo. O director de Pradolongo, Ignacio Vilar, contou coa colaboración da filóloga fonsagradina Mónica Fernández para a redacción do guión do filme, que pretende reflectir a fala propia da zona de Negueira de Muñiz. Cada un dos personaxes estará caracterizado polas variedades dialectais da zona de procedencia. Así, os nativos de Negueira falarán a lingua propia das beiras do río Navia, pero tamén haberá personaxes da Costa da Morte, que se expresarán coas peculiaridades da Galicia mariñeira, e outros de lugares indefinidos que falarán un galego neutro.
■Preparación. Estes detalles lingüísticos obrigarán ós actores a preparar a súa interpretación con especial coidado. Mónica Fernández asesorouse con falantes de cada zona para plasmar o maior número de detalles. Na súa opinión, a película será "unha mostra dunha fala da que en pouco tempo non teremos constancia porque cada vez hai menos habitantes nesta zona".
■Escenarios. Os escenarios da rodaxe serán outro punto de realismo. Ignacio Vilar percorreu tódalas aldeas do outro lado para buscar os emprazamentos máis axeitados para cada escena. "Collerei un pouco de todo. O mellor de cada lugar. Atopei sitios preciosos nos que intentarei recrear a Galicia dos anos setenta".
A comuna fundada en Negueira de Muñiz nos setenta deu paso na actualidade a un asentamento de poboación que conserva a base dos valores que inspiraron o agrupamento inicial, a excepción da propiedade común, e que basea a súa supervivencia na colaboración veciñal. A maioría dos residentes son estranxeiros e entre eles están os únicos nenos que hai en todo o concello de Negueira de Muñiz.
A terra dache alimentos e senón eres débil cómeste o mundo
A súa filosofía de vida achégaos á natureza. Viven da terra, na terra e pola terra. A maioría foxe do mundanal ruído, do estrés, das imposicións dunha sociedade cargada de obrigas. Elixiron volver á aldea, onde levan unha vida austera e traballosa, pero que lles aporta o crecemento persoal que na cidade non atoparon.

Os nativos de Negueira refírense a eles coma "os do outro lado" e éstes chámanlles "paisanos". Alfonso, artesán veciño de Ernes, explica que "os paisanos non puideron elixir ónde querían vivir, pero nós si, e quedamos aquí porque nos gusta este estilo de vida". Alfonso é de Navia (Asturias), leva nove anos en Ernes, pero xa vivira nos oitenta en Foxo, Vilar e Vilauxín. Sostén que "o feito de estar illados leva a colaborar. Se non nos axudamos estamos perdidos, non só no aspecto material, senón no emocional, e aínda así custa".

Comparten tarefas do campo, axúdanse a amañar as casas e intercambian servizos. Por exemplo, Alfonso presta o forno da súa casa para cocer o pan para tódolos habitantes de Foxo, Vilauxín, Vilar e Ernes.

A súa veciña María, de Alemania, chegou hai pouco máis dun mes. Dá clases de ioga e cambio de comida, leña e outros produtos de primeira necesidade.

Emprendedores
Luz é belga e leva 17 anos en Ernes, onde naceron os seus dous fillos. Ten claro que "de aquí no sacas pasta, pero yo he podido criar a mis hijos sin guardería y eso es riqueza".

Luz é unha emprendedora nata. O traballo non lle dá medo e no tempo que leva en Ernes aprendeu o suficiente para ganarse a vida e sacar adiante ós seus dous fillos. "Aquí no te puedes dormir. No tienes jefe, pero si no haces hoy las cosas las tendrás que hacer mañana. Si no coges leña en verano, en invierno pasas frío. La ventaja es que teniendo tierra tienes comida segura. Si te haces débil no, pero si mantienes el físico te comes el mundo", di sen rodeos.

Ten unha plantación de kiwis e, con outra veciña, elabora marmeladas e zumes, que vende xunto con outros produtos de agricultura ecolóxica. En proxecto ten outro negocio, que consistirá en surtir de produtos da horta a fogares da cidade.

Tamén cría ovellas, que campan ás súas anchas pola aldea. "Aquí temos os animais soltos, o que pechamos son as hortas, para que non as estropeen", explica Alfonso.

Similar sistema de vida levan Joe e Kitty en Pena de Nogueira. Acaban de ter unha filla, Aisha, a primeira nena que nace nos últimos tres anos en Negueira.

Este curso, o colexio ten sete alumnos. O vindeiro ano irán dous máis, todos da beira este do encoro. Os estudantes de Secundaria tamén viven, excepto un, no chamado outro lado. Agora teñen transporte escolar, os de primaria ata Negueira e os de secundaria ata A Fonsagrada. Antes, cando a pista non chegaba ás súas aldeas, cruzaban o embalse en lancha para ir á escola.

A Pena de Nogueira chegaron hai uns meses Alicia e o seu home, de Arxentina. Soñan con montar unha casa de repouso. Xa viviron unha crise no seu país e cren que en momentos malos hai que aprender do pasado, que a terra sempre bota unha man e nunca abandona ós seus fillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario