lunes, 8 de marzo de 2010

VOCABULARIO DAS PESAS E MEDIDAS (4)













4. MEDIDAS DE PESO

ADARME, s.m. Medida de peso de 1 gramo e 56 miligramos. E a dezaseiava parte da onza e equivale a tres tomíns

ARRATEL, s.m. Medida de peso de 400 gramos. Equivale a 16 onzas

ARROA, s.f. Meida de peso de 12 quilos e medio. E a cuarta parte do quintal e equivale a 25 libras

Comentario

As súas equivalencias con respecto ó sistema métrico son moi variable en todo o territorio galego, e poden ir desde os 11 quilos e medio ata os 15 quilos aproximadamente

Variante: ARROBA

ARROBA, vid ARROA

BAÑEIRA, s.f. Medida de peso para o peixe de 23 quilos

CANASTRO, s.m. Medida de peso de 37 quilos e medio, tres cuartas partes do quintal

CARRAPITO, s.m. Medida de peso de 1 quilo

CARTA, s.f. Medida de peso de 100 gramos que equivale á cuarta parte do arrátel e contén 4 onzas

CARTEIRON, s.m. Medida de peso de 125 gramos que equivale á cuarta parte da libra

Variantes: CUARTEIRON

LIBRA, s.f. Medida de peso de 500 gramos, centésima parte do quintal que contén 20 onzas

Comentario

Aínda que as equivalencias da libra xiran todas ó redor do medio quilo, hai moita variedade debido á confusión entre a libra castelá, de 16 onzas e a galega, de 20

LIBRA CASTELA, vid ARRATEL e LIBRA

LIBRA GALEGA, vid LIBRA

ONZA,s.f. Medida de peso 25 gramos dezaseiva parte do arrátel e vixésima parte da libra, equivalente a 16 adarmes

QUINTAL,s.m. Medida de peso de 50 quilos, que contén 100 libras

TOMIN, s.m. Medida de peso de 520 miligramos equivalente á terceira parte dun adarme

No hay comentarios:

Publicar un comentario