jueves, 2 de agosto de 2012

A Fonsagrada organiza a súa primeira feira medieval, que durará tres días

1/07/2012 - P. Cheda / Y.D.Villanueva / El Progreso (Lugo)
O Concello da Fonsagrada está a organizar o seu primeiro mercado medieval, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de agosto. Ata o momento, confirmaron a súa presenza na feira 30 postos, a maioría de venda de produtos de artesanía, aínda que os responsables da organización esperan que nas próximas semanas sómense algúns expositores máis.
Os veciños da vila e algúns propietarios de establecementos comerciais están a preparar a ambientación para que a feira sexa un éxito desde a primeira convocatoria. De momento, dous cabezudos ataviados con traxes de inspiración medieval anuncian a cita ás portas da oficina de información turística, para que a feira non pase desapercibida para ningún visitante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario