domingo, 29 de abril de 2018

O GOLFO ARTABRO E AS RIAS

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores)

RIA DA CORUÑA-O BURGO
A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre). Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

RIA DE ARES-BETANZOS
A ría nace na cidade de Betanzos, como consecuencia da desembocadura conxunta dos ríos Mendo e Mandeo. Discorre entre marismas e xunqueiras durante uns oito quilómetros, para ampliarse notablemente a partir de entón, e acabar uníndose á ría de Ares no cabo coñecido como Punta Carboeira. Ademais dos mencionados ríos, desembocan nas súas augas o Lambre e o Baxoi, ambos pola súa marxe dereita.
Duramente castigada polas mareas negras provocadas polos petroleiros Urquiola (1975) e Mar Exeo (1992), ámbolos dous sinistrados no veciño porto da Coruña, a ría loita por recuperar a riqueza marisqueira que noutrora a caracterizaba. Conta con algunhas das mellores praias de Galicia, destacando especialmente a de Perbes e a praia Grande, no concello de Miño, e a de Gandarío, no termo municipal de Bergondo.
Aínda que na antigüidade foi navegable en toda a súa extensión, os sedimentos depositados nos seus fondos e ribeiras foron reducindo ostensiblemente o seu calado, ata permitir a navegación unicamente no seu tramo final. Porén, esta circunstancia permitiu a construción de tres pontes sobre as súas augas: unha de ferrocarril e dous viadutos, que permiten acurtar o traxecto que separa A Coruña de Ferrol.
Esta condición permitiu, con todo, a súa catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 impulsada pola Unión Europea dentro do conxunto Betanzos-Río Mandeo. Así, a ría de Betanzos conságrase como un Lugar de Importancia Comunitaria debido á súa riqueza faunística típica dun espazo intermareal.
RIA DE FERROL
A ría de Ferrol atópase entre as Rías Altas, na provincia da Coruña, Galicia, España. Nas súas beiras atópanse os municipios galegos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos e Ares. Nela desemboca e formaa o río  Xubia.
ria de Ferrol ofrece pola súa configuración privilexiada unhas magníficas condicións á vida mariña por constituír un perfecto abrigo dos ventos dominantes e os temporais.

ESTAS RIAS CONFLUEN NA ILLA DA MAROLA (OLEIROS) "quen pasou a marola, pasou a mar toda"




RAZO (CARBALLO)

Extensión: 8,58 km²Poboación: 815 habitantes

Razo é, sen lugar a dúbidas, a parroquia máis turística de Carballo. O seu litoral é non só un concorrido areal, dotado de todos os servizos, senón tamén unha paraxe de grande importancia natural e xeolóxica. Está recoñecido como espazo natural protexido, integrado en Rede Natura, e nel poderás atopar toda unha curiosidade xeolóxica: os restos dunha praia fósil, formada no cuaternario

Razo é unha praia coidada, limpa e accesible. O areal esténdese até máis aló de Baldaio, e pode enorgullecerse de ser un dos máis amplos de Galicia. Nel practícanse deportes como o surf, o parapente, o voleipraia ou a pesca submarina.

En Razo comeza un dos accidentes xeolóxicos máis importantes de Galicia, a Depresión Meridiana, importante fondeira que cruza Galicia de norte a sur, até Tui.

Fermosas vistas ao Atlántico ofrécenos o miradoiro de Santa Mariña. Dende este punto podes iniciar a Ruta dos Pinos até Malpica, en bicicleta, ou, a pé, a Ruta das Praias.

















ILLAS DE SAN PEDRO A CORUÑA. 2018


As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior conta con 4). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.
Os illotes tamén teñen nomes de seu e son: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión, As tres illas e Os Fernandiños.
En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos, mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva[e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017.

domingo, 22 de abril de 2018

FOTOS NA LAGOA DE MEIRAMA, VAL DE BARCIA, SAN PEDRO DE RUBEIRO E COSTA DA EGOA ABRIL 2018

Iglesia de San Pedro de Quembre (Carral)
Entorno da Lagoa de Meirama (Val das Encrobas-Cerceda)
Lagoa de Meirama (Val das Encrobas-Cerceda)

Entorno da Lagoa de Meirama (Val das Encrobas-Cerceda)
Lagoa de Meirama ( (Val das Encrobas-Cerceda)
Vale de Barcia-Carral
Rego de San Pedro (Rubeiro-Carral)
Capela de San Pedro de Rubeiro-Carral
Muiños da Egoa e do Batan-Rio Abelleira (Carral)
 Seimieira do Rio Abelleira

Muiños da Egoa e do Batan-Rio Abelleira (Carral)

Seimieira do Rio Abelleira

Rio Abelleira-Carral


TALLER DE BONSAIS XARDIN BOTANICO RIA DO BURGO 2018